Nova exposición no Vello Cárcere
Inauguración da Exposición Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres na India, organizada pola fundación Vicente Ferrer.
Esta exposición, a través do ensaio fotográfico, fai unha introducción aos dereitos sexuais e reprodutivos na India rural, e a importancia vital de ensinar ás mozas e mulleres de Anantapur, onde actúa a Fundación, sobre saúde sexual e reprodutiva, e o seu dereito a decidir sobre si mesmas.
A mostra fotográfica presenta a estratexia de traballo da Fundación Vicente Ferrer para promocionar os dereitos sexuais das mulleres, detallando o proxecto que se leva a cabo na área de sanidade e presentando os resultados conseguidos, e á súa vez, fai unha breve radiografía sobre o estado destes dereitos na India rural.
A exposición poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 31 de maio