Nuria Graham actuará o 11 de novembro en Lugo

LugoXa
Nuria Graham actuará o 11 de novembro en Lugo. A experiencia estará acompañada dunha cea co fin de mesturar arte e gastronomía.
cartel nuria graham
1 Nov 2021

O Códex Cinema acollerá o 11 de novembro a Nuria Graham unha compositora con orixes irlandesas e catalás. A experiencia contará cunha mestura de arte e gastronomía na que os lucenses poderán gozar dunha cea mentres escoitan a música pop-folk de Nuria e a súa banda.

Nuria Graham comezou a súa andaina coa publicación de "First Tracks" no ano 2015 e dous anos máis tarde sacou "Does It Ring a Bell?" un disco que consolidou a súa posición no panorama estatal de folk-pop. A cantautora chega por primeira vez á cidade amurallada para presentar "At Last" o seu proxecto actual.

O concerto terá lugar no Espazo Vexetarian (Códex Cinema) o xoves 11 de novembro. A apertura de portas será as 20.30 horas, a cea comezará a servirse as 21.00 horas e o colofón chegará co concerto as 22.30 horas. Pódense mercar entradas só para o concerto ou para o concerto e a cea.

nuria graham
0.13586211204529