Nuska Chousa ofrecerá en Friol unha conferencia sobre a horta e o coidado das plantas

LugoXa | TerraChaXa
A relatora compartirá consellos prácticos para mellorar o rendemento dos cultivos, manter as plantas sas e fortes e aproveitar ao máximo os recursos
nuska-chousa-en-friol
23 Nov 2026

O Centro Sociocultural de Friol acollerá o vindeiro 27 de novembro, a partir das 11.00 horas, unha conferencia a cargo de Nuska Chousa centrada no mundo da horta e no coidado das plantas. Durante o encontro, a relatora compartirá consellos prácticos para mellorar o rendemento dos cultivos, manter as plantas sas e fortes e aproveitar ao máximo os recursos da horta.

A actividade terá un prezo de 8 euros e contará con aforo limitado, polo que será necesario adquirir as entradas con antelación. As persoas interesadas poderán recollelas en Baúl das Mimosas antes do luns 23 de novembro ou mercalas este domingo na feira de Friol. Para obter máis información, tamén poden contactar a través do teléfono 606 155 797.

A iniciativa está dirixida a todas as persoas interesadas na horticultura, no coidado das plantas e na natureza, que terán a oportunidade de aprender novos consellos e compartir experiencias nunha mañá dedicada ao coñecemento e ao cultivo da horta.

0.69315910339355