O 42º Curso de Cultura Tradicional Galega da Asociación Cultural Cántigas e Frores será en abril

Un ano máis, a Asociación Cultural Cántigas e Frores anuncia con moita ilusión a nova edición dun dos eventos máis especiais e esperados da súa programación: o 42º Curso de Cultura Tradicional Galega.
O prazo de inscrición abre este xoves 20 de febreiro e o curso celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril de 2025 e o custo da matrícula será de 65 euros para o público xeral e de 55 euros para os socios da Asociación Cultural Cántigas e Frores.
A edición deste ano chega cargada de novidades, e para celebrar o Día das Letras Galegas, que nesta ocasión estará dedicado ás cantareiras, a asociación renderá un merecido homenaxe ás mulleres que tanto traballaron pola nosa cultura, así como ás que continúan co seu legado.
Este ano, o curso contará con catro mestres de excepción: Rúth Pérez, na especialidade de Baile Tradicional; Nébeda Piñeiro, na especialidade de Canto Tradicional; Lucía Comesaña, na especialidade de Gaita; e Marilú Campos, na especialidade de Percusión Tradicional.
Como novidade, nesta edición, contarase tamén con Ana Nogareda Mato, de Na Ristra, quen impartirá un faladoiro sobre os diferentes tipos de panos de pescozo, seguido dun obradoiro para aprender a colocalos correctamente.