O barrio da Milagrosa presenta o cartel da súa primeira Festa da Xuventude

LugoXa
Dende a comisión decidiron seguir dándolle vida ao barrio con citas coma esta en vista da boa acollida que tiveron este ano as patronais
a-milagrosa-festas
2 Out 2024

O barrio da Milagrosa, en vista da boa acollida que tiveron este ano as patronais, programa a primeira Festa da Xuventude da Milagrosa. Dende a comisión decidiron seguir dándolle vida ao barrio con citas coma esta. Será o venres 11 de outubro e comezará ás 22.00 horas cunha sesión do Dj Stormcloud. Ademais, os asistentes poderán actuar da orquestra La Fórmula.

A orquestra La Fórmula protagonizará o programa para a primeira Festa da Xuventude no barrio. Trátase dunha agrupación musical galega, coñecida por ofrecer espectáculos en festas e verbenas populares en Galicia e noutras partes de España. Fundada en 2015, destaca pola súa enerxía no escenario, un repertorio variado que inclúe desde música popular e latina ata éxitos actuais e por ter un conxunto de músicos e vocalistas talentosos que crean un espectáculo vibrante.

Esta orquestra foi creada por ex-membros da coñecida orquestra Panorama, o que lle deu unha base sólida de experiencia e calidade desde o seu inicio. A formación caracterízase tamén pola súa montaxe escénica espectacular, con luces, pantallas e efectos especiais que acompañan as súas actuacións, facendo que sexa un dos grupos recoñecidos no panorama das verbenas galegas.

A Milagrosa despediu o martes 3 de setembro, tras prolongar unha xornada máis as súas patronais, 6 xornadas festivas, que arrancaron o xoves 29, con actuacións diversas como a de Louband, a da orquestra El Combo Dominicano, Punto Clave, Grupo Beatriz, Grupo Extra, Galilea e os Dj lucenses Frisco e Marcos Peón.

festa da xuventude a milagrosa
0.18391919136047