O barrio da Ponte de Lugo organiza un torneo de tenis de mesa

LugoXa
Os amantes do tenis de mesa teñen unha cita o vindeiro sábado 16 de marzo no barrio de San Lázaro.
11 Mar 2024

Os amantes do tenis de mesa teñen unha cita o vindeiro sábado 16 de marzo no barrio de San Lázaro. No pavillón do CEIP A Ponte organízase o Torneo Tenis de Mesa Festas da Ponte da man do CTM Milagrosa.

A competición contará con categorías para afeccionados e federados. As inscricións realizaranse de 10.00 a 10.30 horas e as finais terán lugar a partir das 13.00 horas. A entrada é de balde para todos os que se queiran achegar.

0.10203313827515