O barrio de Paradai celebra as súas festas con Henry Méndez e a orquestra Cinema

LugoXa
Tamén programan as actuacións das cantantes Almudena López, Verónica Cambón e Os Xílgaros de Lugo
Henry_Mendez
25 sep 2024

O barrio de Paradai, en Lugo, comeza as súas festas que celebran neste mes de setembro. Arrancan este xoves ás 16.00 horas da tarde coa apertura dos carruseis. O pregón será ás 20.30 horas e a festa comezará ás 22.30 horas coa actuación da orquestra Cinema. O venres continúa o programa coa apertura das atraccións pola tarde e a actuación grupo Beatriz dende as 22.30 ás 00.30 horas e dende as 02.00 ata as 03.00 horas.

Ademais, ofrecen a actuación, tamén de balde, de Henry Méndez a partir das 02.00 horas. O sábado segue o programa con pasacalles a cargo dun grupo de gaiteiros Os Xílgaros de Lugo. Os carruseis abrirán ás 13.00 horas e a esa hora tamén comeza a sesión vermú da man do grupo Rubí que tamén amenizará a verbena dende as 22.30 horas.

Pola tarde, o grupo Tambukda actuará polas rúas e á noite estarán tamén as solistas Almudena López e Verónica Cambón. Rematan as súas festas o domingo 29, Día do Neno. A partir das 10.00 horas haberá unha presentación de coches clásicos, seguida da apertura de carruseis, de misa solemne e sesión vermú co dúo Charada. Dende as 17.00 horas a cativada poderá gozar dos carruseis con descontos.

festas paradai 2024
0.18178009986877