O barrio de Paradai celebra as súas festas con Henry Méndez e a orquestra Cinema

festas paradai 2024O barrio de Paradai, en Lugo, comeza as súas festas que celebran neste mes de setembro. Arrancan este xoves ás 16.00 horas da tarde coa apertura dos carruseis. O pregón será ás 20.30 horas e a festa comezará ás 22.30 horas coa actuación da orquestra Cinema. O venres continúa o programa coa apertura das atraccións pola tarde e a actuación grupo Beatriz dende as 22.30 ás 00.30 horas e dende as 02.00 ata as 03.00 horas.
Ademais, ofrecen a actuación, tamén de balde, de Henry Méndez a partir das 02.00 horas. O sábado segue o programa con pasacalles a cargo dun grupo de gaiteiros Os Xílgaros de Lugo. Os carruseis abrirán ás 13.00 horas e a esa hora tamén comeza a sesión vermú da man do grupo Rubí que tamén amenizará a verbena dende as 22.30 horas.
Pola tarde, o grupo Tambukda actuará polas rúas e á noite estarán tamén as solistas Almudena López e Verónica Cambón. Rematan as súas festas o domingo 29, Día do Neno. A partir das 10.00 horas haberá unha presentación de coches clásicos, seguida da apertura de carruseis, de misa solemne e sesión vermú co dúo Charada. Dende as 17.00 horas a cativada poderá gozar dos carruseis con descontos.