O BNG celebrará o Día da Patria Galega cun acto político e un xantar comarcal en Palas de Rei

LugoXa
A cita terá lugar o 18 de xullo na Praza do Concello e incluirá tamén unha actuación musical
BNG-Altri-Palas-de-Rei
9 Jul 2026

O BNG organizará o vindeiro 18 de xullo un acto de celebración do Día da Patria Galega na Praza do Concello de Palas de Rei, cunha programación que combinará intervencións políticas, un xantar comarcal e música en directo.

A xornada dará comezo ás 13.30 horas e pretende converterse nun espazo de encontro entre militantes, simpatizantes e veciñanza para conmemorar esta data sinalada do calendario galego.

Desde a formación nacionalista sinalan que o encontro servirá para reivindicar Galicia como nación e defender o seu dereito a decidir sobre o seu futuro. No marco da convocatoria, o BNG tamén expresa o seu rexeitamento ao proxecto de Altri.

As persoas interesadas en asistir ao xantar deberán confirmar a súa participación antes do 14 de xullo a través dos teléfonos 620 262 807 ou 982 280 410.

0.12258887290955