O BNG convoca unha concentración para reclamar investimentos no barrio da Tinería

LugoXa
Dende o BNG convocan unha concentración para reclamar a Xunta que continúa co proxecto de rehabilitación do barrio da Tinería
BNG Rubén Arroxo
BNG Rubén Arroxo
5 nov 2022

O candidato do BNG, Rubén Arroxo, xunto co responsable local Felipe Rivas anunciaron que o BNG convoca á veciñanza a unha concentración para “reclamar á Xunta que continúe co proxecto de rehabilitación do barrio da Tinería despois de máis de 12 anos de abandono do barrio máis antigo da cidade”. A mobilización do BNG terá lugar o vindeiro venres, 11 de novembro a partir das 18:00 no acceso á Muralla da praza Pío XII.

Felipe rivas anunciou que o BNG presentará emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza destinadas a “retomar o proxecto de rehabilitación deste barrio, despois de máis de 12 anos de abandono do Partido Popular”, e lembrou que na época na que o BNG tivo responsabilidades no goberno galego “período no que se investiron máis de 21 millóns de euros neste barrio”. Rivas convidou á candidata e representantes do Partido Popular en Lugo “a participar nesta mobilización e demostrar a necesidade de que todas as administracións se impliquen na mellora de Lugo” despois da súa presencia na manifestación convocada polo BNG por un tren digno, e das declaracións vertidas pola candidata do PP.

Proxecto de rehabilitación da Tinería

O proxecto impulsado polo BNG desde o goberno galego foi recoñecido do Premio Dubai de Boas Prácticas outorgado polas Nacións Unidas no ano 2008. Valorouse o proxecto de recuperación do patrimonio por unha iniciativa pública, xunto coa rehabilitación e rehabitación dun barrio a carón da Muralla de Lugo, porque posibilitaba a recuperación da actividade comercial e social do barrio, a creación de emprego así como o uso dos baixos, propiedade pública, para o emprendemento e mesmo usos institucionais, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da zona.

As excavacións arqueolóxicas na Unidade de Intervención UI-7, onde se atoparon fornos, paralizáronse coa chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta. Actualmente, o espazo dos fornos está valado cun peche metálico que produce un importante impacto visual no que debería ser unha das zonas máis coidadas da cidade, unha zona que podería ser un centro de investigación e un polo de atracción de visitantes para a cidade