O BNG propón un estacionamento en altura que amplíe a capacidade da parcela da rúa Primavera

LugoXa
Rubén Arroxo propuxo esta solución "na parte do terreo que non vai ser edificada", e explicou que "podería acoller ata 90 vehículos e aliviar a falta de estacionamento en Fontiñas"
Parcela-Aparcadoiro-Rúa-Primavera-Lugo
21 Sep 2026

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo unha solución para ampliar a dispoñibilidade de estacionamento na zona de Fontiñas, aproveitando o espazo destinado a aparcadoiro na parcela situada entre a rúa Primavera e o Carril das Flores. Segundo explicou Arroxo, a proposta permitiría ampliar a capacidade de estacionamento ata preto das 90 prazas, o que suporía un alivio significativo para a zona.

Arroxo sinalou que esta solución podería aplicarse "na parte do terreo que non vai ser edificada", tras coñecerse que o propietario da parcela prevé construír vivendas no solar. A proposta do BNG consiste nun estacionamento de 3 alturas, que permita chegar ata as 60 prazas dispoñibles "triplicando así a proposta de 30 que está agora mesmo sobre a mesa", dixo Arroxo.

Rubén Arroxo lembrou que a Xunta de Galiza "perdeu outra oportunidade" para crear un novo aparcadoiro en Fontiñas, recordando que no 2022 anunciara que ía facer un aparcadoiro en cada cidade, mais o Partido Popular decidiu levalo a Casás, "un sitio onde non era necesario ningún tipo de estacionamento, e no que actualmente vemos tan só un ou dous coches cada día", dixo.

O portavoz do BNG destacou que a Xunta "gastou un millón de euros nun aparcadoiro que non se utiliza, mentres que Fontiñas continúa a ter unha necesidade real de estacionamento". Máis de tres anos despois do anuncio dun aparcadoiro en Fontiñas "a Xunta aínda non deu ningún paso", dixo Arroxo, quen engadiu que a proposta do BNG contribuiría a resolver un problema crónico no barrio de Fontiñas "sen impedir a construcción de vivenda por parte do propietario da parcela".

0.15743112564087