O BNG reclama á Elena Candia que dea continidade ao paso das palabras da rúa Menorca

LugoXa
Maite Ferreiro, edil do BNG, afirmou que o PP "non quere visibilizar" a palabra escollida no ano 2025: Xenocidio
Cantareira-no-Paseo-das-Palabras-do-Ano-Lugo-2025
4 Jul 2026

O BNG de Lugo pide ao goberno municipal que dea continuidade ao Paseo das Palabras do Ano situado na rúa Menorca, unha iniciativa de carácter cultural e simbólico que foi abandonada tras o cambio de executivo local. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, criticou que o actual goberno do PP non teña dado continuidade a este proxecto, que cada ano incorporaba a palabra escollida polas galegas e galegos dentro da iniciativa posta en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Neste sentido, lembrou que a palabra escollida para o ano 2025 foi “Xenocidio”, unha elección que, segundo sinalou, “o PP quere invisibilizar”.

O Paseo das Palabras do Ano, ubicado na rúa Menorca, "converteu a rúa Menorca nun atractivo turístico que pon en valor a lingua galega", afirmou Maite Ferreiro, que vinculou a paralización desta iniciativa coa postura política do goberno local respecto ao xenocidio do pobo palestino. Segundo afirmou, o PP desenvolve unha “política de invisibilización do xenocidio de Palestina” que comezou a materializarse "o primeiro momento da chegada do PP ao goberno municipal cando retiraron a bandeira de Palestina do Vello Cárcere". Segundo Maite Ferreiro, este foi "o primeiro paso" dun "retroceso" no compromiso institucional coa defensa dos dereitos humanos.

A edil do BNG lembrou ademais que a colocación da bandeira se fixo "por acordo de Pleno, nunha decisión na que ningún partido votou en contra". Ferreiro lembrou que "o PP non levaba nin 5 horas na alcaldía de Lugo e a primeira medida foi arrincar un símbolo solidario e pola paz".

0.15378522872925