O Camiño de Santiago en Gran Canaria, protagonista dunha charla na Despensa do Saa

LugoXa
José Manuel Espiño abordará a existencia dun itinerario xacobeo entre volcáns e a riqueza natural da illa
José-Manuel-Espiño-e-Xosé-Manuel-Saa
12 May 2026

A Despensa do Saa acollerá este xoves 7 ás 20:00 horas unha charla titulada 'O Camiño de Santiago en Gran Canaria', impartida por José Manuel Espiño, que convidará o público a reflexionar sobre a posible existencia dun itinerario xacobeo entre paisaxes volcánicas na illa canaria.

Durante a súa intervención, Espiño preguntará aos asistentes se coñecen a presenza deste camiño e afondará posteriormente na riqueza xeolóxica e na biodiversidade de Gran Canaria, destacando a súa relevancia ambiental, con numerosas especies en situación vulnerable ou mesmo en perigo de extinción, nun contexto que compara coa importancia ecolóxica de territorios como as Galápagos.

José Manuel Espiño Meilán naceu en Lugo e reside actualmente nas Palmas de Gran Canaria. É mestre de formación, con estudos de maxisterio en Lugo e especialización en Educación Ambiental, un ámbito que marcou a súa traxectoria profesional como docente.

Ademais, foi fundador do colectivo ecoloxista Turcón, centrado na defensa dos espazos naturais do arquipélago canario. No ámbito literario, é autor de nove novelas e ten previsto presentar proximamente o seu último traballo, unha obra que combina biografía e ensaio arredor do teatro afeccionado en Canarias, titulada “Cuando la luz se apaga”.

0.12263679504395