O Caudal Fest 2026 desvela o cartel por días e pon á venda as entradas individuais o 6 de maio

LugoXa
O sábado sumaranse actuacións como as de Carlos Ares, Veintiuno, Nunatak e Tere!
programa-por-dias-caudal-fest
4 May 2026

Lugo acollerá os días 18 e 19 de setembro unha nova edición do Caudal Fest, que vén de anunciar a distribución do seu cartel por xornadas e a posta á venda das entradas diarias a partir do mércores 6 de maio ás 12.00 horas. O evento, que se celebrará no recinto habitual, consolídase como unha das citas musicais máis destacadas do calendario galego.

A organización avanzou que o venres 18 de setembro estará marcado por unha potente xornada inaugural con actuacións de bandas e artistas como Lori Meyers, Xoel López, Pignoise e Sanguijuelas del Guadiana. A eles sumouse Barry B, Ortiga, Besmaya, Anni B Sweet e No quiero.

Xa o sábado 19 de setembro subirán aos escenarios propostas como Siloé, Ultraligera, Sexy Zebras, Leire Martínez e Inazio ou La La Love You, configurando unha segunda xornada centrada no pop e no indie estatal.

Como novidades desta edición, a organización confirmou a incorporación de novos artistas ao cartel. Así, o sábado sumaranse actuacións como as de Carlos Ares, Veintiuno, Nunatak e Tere!

Os abonos para os dous días xa se atopan dispoñibles na páxina web oficial do festival, mentres que as entradas individuais sairán á venda esta semana. A organización destaca que esta será unha das edicións “máis especiais” do Caudal Fest, que continúa medrando en programación e público edición tras edición.

0.12046790122986