O CD Lugo anuncia a saída de Álex Ortiz ao remate da temporada

O Club Deportivo Lugo informou de que Álex Ortiz finalizará a súa vinculación contractual coa entidade albivermella ao remate da presente temporada e non continuará formando parte do club.
A entidade lucense agradeceu o traballo, a dedicación e a implicación do técnico durante a súa etapa no club, primeiro na dirección da canteira albivermella e, posteriormente, á fronte do primeiro equipo no tramo final da temporada.
Álex Ortiz asumiu o cargo de adestrador do primeiro equipo tras a saída de Yago Iglesias, nun contexto similar ao vivido en 2025, cando tamén colleu as rendas do equipo a poucos partidos para o final da competición ligueira.
O CD Lugo quixo recoñecer a súa disposición e compromiso durante este período e trasladoulle os seus mellores desexos para os próximos retos profesionais que afronte no futuro.