O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle unha xornada divulgativa sobre apicultura

LugoXa
O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle o próximo mércores 26 unha Xornada divulgativa sobre seguros agrarios para apicultura.
XORNADA APICULTURA PORTADA
22 Oct 2022

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle o próximo mércores 26 unha Xornada divulgativa sobre seguros agrarios para apicultura. A xornada terá lugar dende ás 11.00 ata ás 13.30 e está organizada polo Sindicato Galego Labrego.

A inscrición, que xa está aberta, poderá realizarse completando este formulario e a xornada inclúe un xantar.

Na xornada abordarase unha análise de riscos no sector e afondarase no sistema de seguros agrarios, contratación e siniestralidade, pormenorizando na Liña 411, correspondente á produción apícola. Participarán o Responsáble do Sector da Apicultura no SLG-CCLL, Diego Sánchez Agra, e o apicultor do SLG-CCLL Brais Álvarez.

Será unha oportunidade de interlocución directa para que o sector traslade as súas inquedanzas e demandas á entidade pública de xestión de seguros agrarios Agroseguro, coordenada e supervisada polo Ministerio de Agricultura e Alimentación. Na súa representación acudirán o Director Territorial da Zona Noroeste, José Bernardo Rodríguez, e a técnica veterinaria da Delegación Noroeste Agroseguro, Noelia Aparicio Miguélez.

Xornada apicultura
0.18686008453369