O ciclo "Taiwán na pantalla" achega catro películas sobre unha illa en transformación

O cinema taiwanés será o protagonista da programación cultural dos próximos días en Lugo co ciclo "Taiwán na pantalla. Catro miradas sobre unha illa en transformación", unha iniciativa impulsada polo Club Cultural Valle-Inclán coa colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
As sesións desenvolveranse no salón de actos de O Vello Cárcere ás 19:30 horas e permitirán achegarse a diferentes perspectivas da sociedade taiwanesa a través de catro películas dirixidas por cineastas destacados. A programación comezará o día 26 de outubro con "Comer, beber, amar", de Ang Lee, estreada en 1994 e cunha duración de 123 minutos.
O día 27 será a quenda de "¿Qué hora es?", de Tsai Ming-liang, unha produción de 2001 de 116 minutos. A programación continuará o día 29 con "Tiempos de amor, juventud y libertad", de Hou Hsiao-hsien, estreada en 2005 e cunha duración de 139 minutos.
O ciclo pecharase o día 30 coa proxección de "La chica zurda", de Shih-Ching Tsou, película de 2025 que dura 108 minutos.
A entrada será gratuíta ata completar a capacidade da sala. Unha vez iniciada cada proxección, non estará permitido acceder ao recinto.