O cine na rúa chega a Ribeira de Piquín

O vindeiro venres 16 de setembro, ás 21.00 horas, proxectarase a película Cuñados no Concello de Ribeira de Piquín
cunados cine na rua castro amigos da feira
15 sep 2022

O vindeiro venres 16 de setembro, ás 21.00 horas, proxectarase a película Cuñados na praza do Chao de Pousadoiro, en caso de choiva será no centro de día. Trátase dunha proposta da Área de Cultura da Deputación de Lugo ao abeiro do ciclo de Cine na Rúa na que se pretende achegar o cinema falado en galego a diferentes lugares da provincia.

Cuñados é un dos filmes máis vistos nos cines galegos durante o 2021 e que tamén foi nomeada a 16 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar.

306939820_5842075529144816_2889254844083368918_n
0.18530201911926