O cine na rúa continúa este venres en Castroverde

LugoXa
O programa de Cine na Rúa continuará en Castroverde cunha nova proxección. Será o vindeiro venres, 9 de setembro, ás 22.00 horas
Cine rua castroverde portada
6 sep 2022

O programa de Cine na Rúa continuará en Montecubeiro, Castroverde,  cunha nova proxección. Será o vindeiro venres, 9 de setembro, ás 22.00 horas, no campo da festa de Montecubeiro e proxectarase O noso último verán en Escocia.

A película trata sobre Doug e Abi,  dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi excéntricos. Cando o estrés de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. Alí participarán nunha gran reunión familiar e reencontraranse con Gordie, o incriblemente extravagante pai de Doug.

Con todo, o que prometían ser unhas vacacións para a reconciliación pronto se converte nun campo de minas non exento de situacións hilarantes no que rancores familiares, malentendidos e egos maltreitos conforman a orde do día. Cando os nenos precipitan un xiro inesperado nos acontecementos, a familia vese obrigada a aparcar as súas diferenzas e a colaborar, pois pola contra corren o risco de perder aquilo que máis aprecian.

Cine rua castroverde
0.24958896636963