O Circuíto de Teatro Profesional fai parada no CPI de Friol este mércores

LugoXa | TerraChaXa
Loia Producións porá en escea 'A Fada do saco verde', más 13.00 horas
obras-cpi-doutor-lopez-suarez-friol
24 Nov 2026

O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación programa 6 novas funcións en concellos da comarca durante a semana do 23 ao 29 de novembro.

Así, este mércores, 25 de novembro , Loia Producións porá en escea A Fada do saco verde, más 13.00 horas no CPI López Suárez de Friol, dirixido exclusivamente ao alumnado.

Erea é unha fada diferente ao resto, xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero todo cambia cando os seres do bosque lle tecen un saco máxico no que gardar todo aquilo que manca o mundo, converténdose así na fada do saco verde. Este conto fala da importancia de coidar o medio ambiente e de axudarnos uns a outros dende o amor e o respecto. Pon o foco no coidado da natureza e na importancia de elevar a autoestima, xa que cada un ten habilidades diferentes e todos temos algo valioso que aportar.

0.094470024108887