O Circuíto Galego de Teatro Amador trae unha nova peza ó Escenario Hipócrita
LugoXa
Neste caso será unha peza do grupo anfitrión, Hipócrita Teatro a que se poñerá en escena
25 Oct 2024
O Circuíto Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA trae unha nova peza ó Escenario Hipócrita este sábado, 26 de outubro, ás 20.00 horas. Neste caso será unha peza do grupo anfitrión, Hipócrita Teatro a que se poñerá en escena. Trátase de Arte, unha obra da dramaturga Yasmina Reza, que trata con humor a fraxilidade das relacións humanas.
Os actores Teo García, Maikel Pereira e Iván Redondo, dirixidos por José Campanari, dán vida aos tres amigos que protagonizan esta historia para público adulto. As entradas, ó prezo de 3 euros, poderán adquirirse no propio local dende unha hora antes da función. A programación continuará o sábado 9 de outubro coa posta en escena de A morte... e punto!, unha comedia do grupo de Nigrán Porta Aberta.