O Club Deportivo Lugo renova a Javi Recio como director deportivo ata 2028

LugoXa
O club aposta pola continuidade do proxecto deportivo e pola estabilidade no área técnica de cara ás próximas tempadas
Javi-Recio-Club-Deportivo-Lugo
29 May 2026

O Club Deportivo Lugo informou da continuidade de Javi Recio como director deportivo albivermello durante as dúas próximas tempadas, ampliando así a súa vinculación coa entidade ata 2028.

Con esta decisión, o club aposta por dar estabilidade ao área deportiva e manter unha liña de traballo que xa se vén desenvolvendo desde hai semanas, coa próxima tempada no horizonte.

A entidade albivermella avanza deste xeito na preparación do novo proxecto deportivo, nun momento clave para afrontar a configuración da plantilla e a toma de decisións que marcarán o inicio do próximo curso.

O director deportivo do Club Deportivo Lugo compareceu para valorar a tempada e explicou que “empezamos un proxecto con moitísima ilusión e xerando expectativas que ao final non puidemos cumprir”.

En relación co adestrador Yago Iglesias, sinalou que “a súa chegada xerou moita ilusión e era o adestrador ideal. Tamén, a incorporación dos xogadores fixo que a xente se ilusionase co proxecto, e probablemente non soubemos xestionar todo iso porque tiñamos equipo para chegar ao playoff, loitamos por estar arriba, pero estivemos moi pouco tempo nesa situación. Tiñamos potencial, pero cada tempada vemos que a categoría é cada vez máis difícil. Considero que moitos xogadores non deron o nivel, os técnicos non souberon sacar o máximo desa plantilla e, facendo autocrítica, non soubemos xestionar esas emocións e probablemente tomamos decisións que non favoreceron e non saíron como esperabamos. Ao final todo fai que todos esteamos onde merecemos”. E engadiu que “Lugo e a afección merecían máis”.

0.12949419021606