O Concello de Antas de Ulla realiza labores de desbroce para mellorar a seguridade e o mantemento

LugoXa
As actuacións esténdense por distintas parroquias co obxectivo de garantir camiños máis seguros e mellor coidados en todo o municipio
desbroce-Antas-de-Ulla
8 Jun 2026

O Concello de Antas de Ulla está a levar a cabo labores de desbroce en diferentes puntos do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade, a visibilidade e o mantemento de camiños, estradas e espazos públicos.

Os traballos realizáronse nestes días en varias zonas, entre elas o propio núcleo de Antas de Ulla e as parroquias de San Fiz e Olveda, co fin de avanzar de maneira progresiva por todo o termo municipal e chegar a todas as parroquias e lugares.

Desde o Concello explican que estas actuacións forman parte dun plan de mantemento continuo destinado a manter o municipio máis limpo, coidado e seguro para a veciñanza.

Así mesmo, sinalan que durante a execución destes traballos poden producirse pequenas molestias, cortes puntuais ou dificultades de circulación, polo que piden desculpas de antemán e agradecen a comprensión da cidadanía.

O goberno local reafirma o seu compromiso coa conservación dos espazos públicos e subliña que estas intervencións buscan mellorar o día a día da veciñanza, avanzando “paso a paso” cara a un concello mellor.

0.1479229927063