O Concello de Friol abre as súas piscinas este sábado

LugoXa | TerraChaXa
De luns a venres permanecerá aberta dende as 14:00 ata as 20:00 horas, sendo mais amplo este horario nas fins de semana e nos días festivos
piscinas-friol-apertura
8 Jun 2026

O sábado día 13 de xuño xa se poderá desfrutar das instalacións fluviais en Friol. Despois do éxito que tivo a decisión de ampliar o período de apertura das instalacións fluviais, decisión tomada debido ás peticións que recibiron por parte dos veciños, o Equipo de Goberno decidiu adiantar de novo a apertura e mantelas abertas ata o domingo 13 de setembro.

Os horarios de apertura para acceder á zona de baño será como en anos anteriores. De luns a venres permanecerá aberta dende as 14:00 ata as 20:00 horas, sendo mais amplo este horario nas fins de semana e nos días festivos, que abren as instalacións ás 12:00 e pechan ás 21:00 horas.

Poderanse adquirir entradas diarias de adultos ou menores, e tamén se poderán facer abonos por tempada completa tanto individuais como familiares, todo elo na entrada ao recinto, en horario de apertura das instalacións.

Tamén se organizarán uns cursos de natación de iniciación e perfeccionamento subvencionados polo Concello de Friol, dos que aínda están perfilando os detalles para poder abrir as inscricións.

0.12531685829163