O Concello de Lugo acolle a presentación do libro 'LUGOPOÉTICA 2025'

O Concello de Lugo acolle este martes, 12 de maio, ás 13:00 horas a presentación do libro LUGOPOÉTICA 2025, unha obra que reúne o contido das seis conversas poéticas celebradas o pasado ano na UNED e promovidas polo Colectivo Egeria, co apoio da UNED e da Xunta de Galicia.
Estas sesións poéticas contaron coa participación de trece poetas vinculados ás terras lucenses: Mar Ferreiro, Lucía López Cancio, Gustavo Enríquez, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Ana Vila, Paco Ledo, Manuel Regal, Xosé Miguélez, Xoán Neira, Toño Núñez, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Abraham Pérez. Entre eles, tres son alumnos da UNED, dous forman parella, dous son labregos, dous son cregos, dous mestres e dous filósofos.
Na presentación da publicación intervirán o presidente de Egeria, Xulio Xiz; o coordinador das conversas, o profesor e poeta Xosé Carlos Ulloa; a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira; o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, e a alcaldesa de Lugo, Elena Candia.
Durante o acto, lerán cadanseu poema os dous poetas labregos, Ana Vila Portomeñe e Paco Ledo, así como o alumno da UNED Gustavo Enríquez. Ao remate da presentación, todos os asistentes recibirán un exemplar da publicación.