O Concello de Lugo elimina o socavón da rúa dos Carros no Ceao tras anos de reclamacións

O Concello de Lugo completou a eliminación dun socavón de grandes dimensións na rúa dos Carros, situada na zona do CEAO, que levaba desde 2023 provocando o corte parcial da calzada desta vía.
A intervención permite mellorar de forma significativa a seguridade e a mobilidade neste punto, ao tempo que dá resposta ás reiteradas peticións trasladadas por empresarios e usuarios da zona industrial, que levaban anos advertindo das molestias e dos riscos derivados do mal estado da vía.
Desde o Concello sinalan que esta actuación é un exemplo de coordinación entre as distintas áreas municipais e de vontade para resolver problemas que, en palabras da administración local, non poden permanecer durante anos sen solución.
O goberno municipal insiste en que entre as súas prioridades se atopa o mantemento urbano e a resolución de incidencias enquistadas que afectan tanto á actividade económica como á calidade dos servizos que recibe a cidadanía.