O Concello de Lugo inicia a mellora do leirapárking do HULA

LugoXa
A actuación busca garantir maior seguridade e comodidade mentres se define unha solución definitiva para o aparcadoiro
Inicio-Obras-Leiraparking-HULA-Lugo
1 Jun 2026

O Concello de Lugo iniciou os traballos de mellora do leirapárking do HULA, unha intervención inmediata destinada a reforzar a seguridade e a comodidade das persoas usuarias deste espazo de estacionamento.

A alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, destacaron que esta actuación permitirá acondicionar o terreo e mellorar as condicións de uso mentres se completa a elaboración dunha solución definitiva para o aparcadoiro.

Desde o Executivo municipal subliñan que os servizos técnicos xa están a traballar no proxecto que permitirá resolver de forma estable os problemas que presenta este espazo, evitando así intervencións puntuais e repetidas no futuro.

“O importante non é só actuar agora, senón garantir unha solución duradeira que evite ter que volver dentro duns meses a arranxar os mesmos problemas”, sinalan desde o Concello.

0.12607216835022