O Concello de Lugo instala topes en prazas de aparcamento de distintos puntos da cidade

LugoXa
Os traballos xa están en marcha responden ás peticións trasladadas pola veciñanza para facilitar o paso dos peóns
topes-aparcadoiros
17 Sep 2026

O Concello de Lugo está a instalar estes días topes nas prazas de aparcamento de distintos puntos da cidade como son Plaza Bretaña, Aviación Española, e en roi Xordo nas inmediacións do parque infantil, dando resposta a peticións trasladadas pola veciñanza ante situacións nas que os vehículos, ao estacionar, invadían parte do espazo destinado ao paso dos peóns. Deste xeito se garante a accesibilidade das beirarrúas para as persoas especialmente para aqueles que teñen problema de mobilidade.

Estes elementos permiten limitar o avance dos vehículos ao aparcar e garantir que as beirarrúas manteñan libre o espazo necesario para os peóns.

A actuación forma parte do traballo diario do Concello para atender as necesidades que se trasladan desde os barrios e buscar solucións concretas a problemas que afectan ao día a día da veciñanza.

0.15990495681763