O Concello de Lugo reclama ao Ministerio de Transportes unha actuación urxente na rotonda de Nadela

LugoXa
Paralelamente a alcaldesa solicitará unha reunión co director xeneral de estradas tralos informes da policía local e de enxeñería que constatan as deficiencias e os riscos de ter apagadas as farolas desta glorieta
iluminacion-rotonda-nadel
17 Sep 2026

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, deu un novo paso para reclamar ao Goberno central unha solución á situación do alumeado da rotonda de Nadela. O Concello remitiu un escrito ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, como Administración titular da infraestrutura, para que comprobe de forma prioritaria o estado da instalación do alumendo desta glorieta e se proceda ao acendido das farolas. Tamén propón tramitar un convenio interadministrativo de colaboración que permita ao concello asumir a reparación das luminarias que xa non funcionan, así como o seu mantemento e suministro eléctrico. Ademais o concello indica que se persiten a falta de solucións o concello se reserva o exercicio de emprender as accións administrativas e xudiciais que procedan. De forma paralela vaise solicitar unha reunión co director xeral de Estradas para abordar directamente a situación desta infraestrutura e buscar unha solución.

A reclamación municipal responde a dúas cuestións fundamentais: a seguridade viaria e a imaxe da cidade. Nun informe elaborado pola Policía Local se constatan as deficiencias existentes e se alerta das dificultades de visibilidade que se producen especialmente durante a noite e en condicións meteorolóxicas adversas. O documento sinala que estes avisos coinciden coa dificultade para percibir a glorieta e os seus elementos durante o horario nocturno, circunstancia que tamén foi advertida polos efectivos da Policía Local. Tamén recolle a presenza habitual de fauna salvaxe, especialmente xabarís, nos tramos interurbanos de acceso ao casco urbano e no entorno das glorietas, con maior incidencia durante á noite.

Por este motivo, a Policía Local considera procedente instar ao organismo titular da vía a revisar o alumeado, subsanar as deficiencias detectadas e valorar o reforzo do balizamento retrorreflectante das illas centrais e dos elementos de aproximación.

No informe de Enxeñería se constata que o subministro de enerxía se atopa activo e funcional e que, das aproximadamente 30 luminarias que integran o anel da glorieta e os seus accesos, só 9 están operativas, e os 21 puntos restantes permanecen apagados. O informe sinala que estes puntos de luz apagados xeran zonas de déficit lumínico e comprometen a seguridade do tráfico nun nó de alta capacidade.Mentres no se axiliza unha solución por parte da administración titular, o Concello xa puxo nos últimos días en funcionamento as nove luminarias operativas, pero considera necesario actuar sobre o resto da instalación.

Rotonda de Nadela

A rotonda de Nadela regula a confluencia entre a N-VI, LU-546, CG-2,2, LU-11 e os ramais de enlace coa A-6 e A-54, polo que constitúe un punto de especial relevancia para a ordenación e seguridade do tráfico no municipio. Tamén serve de acceso ao núcleo de Nadela, facilita a chegada a servizos como o centro de saúde e funciona como unha das principais entradas a Lugo desde a A-6 e a A-54.

Precisamente por esa condición de porta de entrada á cidade, o Concello considera que a recuperación do alumeado é tamén unha cuestión de imaxe. O escrito municipal sinala que a persistencia desta situación provoca un prexuízo para a imaxe de Lugo como capital de provincia e proxecta unha percepción negativa sobre unha infraestrutura de acceso de especial relevancia para residentes, usuarios da vía e visitantes.

A situación da rotonda xa foi trasladada en diferentes ocasións, por parte do PP, ao Goberno central. O Pleno do Concello aprobou por unanimidade dúas mocións relativas a esta infraestrutura, en novembro de 2025 e xuño de 2026, que foron remitidas ao Ministerio. O pasado 20 de xullo, o Concello trasladou novamente ao goberno centralos acordos plenarios nos que se reclamaba unha actuación sobre esta entrada da cidade.

Ante a falta de resposta, o Goberno municipal decidiu revisar directamente o estado da instalación e solicitou os informes dos servizos de Enxeñería e da Policía Local. Co resultado desta revisión, o Concello remitirá agora un novo escrito ao Ministerio

0.14870285987854