O Concello de Lugo recoloca a pantalla da ZBE que dificultaba a visibilidade dun semáforo

LugoXa
O Goberno local actuou tras a denuncia do BNG, que o pasado 6 de setembro alertou de que a súa localización podía afectar á percepción da sinalización na Ronda da Muralla
cambio-pantalla-ronda-da-muralla-Lugo
9 Sep 2026

O Concello de Lugo corrixiu a incidencia detectada nunha das pantallas informativas da Zona de Baixas Emisións (ZBE), que estaba situada diante dun semáforo e podía afectar á súa visibilidade para os vehículos que circulan pola Ronda da Muralla.

A pantalla foi recolocada este mércores pola empresa responsable, despois de que o Concello lle comunicase a incidencia para proceder á súa corrección. A actuación chega tres días despois de que o BNG alertase publicamente desta situación.

En concreto, o pasado 6 de setembro, o grupo municipal nacionalista sinalou que recibira varias chamadas de persoas que advertían de que a localización do monitor podía dificultar a percepción da sinalización luminosa vertical por parte dos condutores que circulan pola Ronda da Muralla.

O Concello sinala que a incidencia foi comunicada de inmediato á empresa responsable e que a pantalla xa se atopa recolocada, tal e como se avanzara o pasado luns.

A actuación permite así corrixir o problema detectado na instalación da pantalla e recuperar a visibilidade da sinalización afectada.

0.17011690139771