O Concello de Monterroso acolle a actividade Sabios, xogos e xograres
LugoXa
Monterroso acolle o día 21 de outubro a actividade Sabios, xogos e xograres, unha actividade ambientada na época do rei-poeta Afonso X.
18 Oct 2021
O Concello de Monterroso acolle o día 21 de outubro a actividade Sabios, xogos e xograres, unha actividade ambientada na época do rei-poeta Afonso X.
Está enmarcada dentro da programación de dinamización lingüística FalaRedes xa que este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.
Esta actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo e será no espazo cultural Lorenzo Varela ás 17.30 horas.