O Concello de Pol conta co proxecto de xeolocalización Isocrona
O Concello de Pol vén de poñer en marcha o proxecto Isocrona, unha iniciativa xa implantada en concellos da Mariña ou o da Pastoriza, para facilitar a localización de emerxencias no rural e poder axilizar os tempos de respostas dos servizos.
O alcalde de Pol, Liño Rodríguez, a edil Sonia Cervantes e o responsable de Isocrona reuníronse co persoal do centro de saúde de Mosteiro para explicarlles o funcionamento do sistema.
Con esta aplicación xeolocalizaranse as casas do municipio, identificadas polo seu número e o seu nome popular, como moitas veces ocurre no rural. Ademais, de que a base de datos incluirá calquer outro punto de interese, como patrimonio relixioso, escolas ou locais sociais, explotacións agrogandeiras, parques, roteiros, etc, para a maior facilidade de localización. No caso de Pol conta con máis de 1.300 referencias só de edificacións, na súa gran maioría casas.
Para facer este labor de documentación cóntase coa información pública oficial e tamén coa gran axuda de veciños. Este traballo realizouse en Pol durante o verán, e sempre está aberto a modificacións e correción de posibles erros.
Esta ferramenta poñerase a disposición dos empregados municipais que realizan as súas funcións fora das oficinas administrativas, dos servizos de emerxencias como 061, Protección Civil de, Grupo de Emerxencias, Bombeiros ou Garda Civil e do persoal sanitario do Centro de Saúde, coa finalidade de favorecer unha asistencia áxil no caso de precisarse, xa que moitas veces no rural atópanse dificultades para atopar os lugares donde deben actúar.