O Concello realiza traballos de limpeza e restauración nas ventás arqueolóxicas e prepara unha intervención para 2027

LugoXa
As actuacións recentes inclúen o selado dos espazos da rúa Doutor Castro, Santa María e San Marcos, mentres que os próximos orzamentos reservarán fondos para mellorar a impermeabilización e a ventilación
Restauración-Ventás-Arqueolóxicas-Lugo
6 Nov 2026

O Concello de Lugo realizou nas últimas semanas traballos de limpeza, restauración e selado das ventás arqueolóxicas situadas na rúa Doutor Castro, na praza de Santa María e na praza de San Marcos. Esta primeira actuación busca mellorar o estado de conservación destes espazos e servir de paso previo a unha intervención de maior alcance prevista para 2027.

A alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego, mantiveron unha reunión co arqueólogo municipal, Enrique González Fernández, e coa restauradora Iria López, que lles trasladaron o estado dos traballos e as necesidades de conservación das ventás.

De cara ao próximo ano, o Concello prevé incluír nos orzamentos municipais de 2027 unha partida específica para garantir a impermeabilización e actualizar o sistema de ventilación, co obxectivo de evitar a aparición de condensacións. Ademais, no caso das ventás da rúa Doutor Castro, xa se deron instrucións para protexelas do paso de vehículos e da maquinaria dos servizos de limpeza.

0.29926204681396