O Concello solicita á Deputación a cesión da estrada que une Castro Ribeiras de Lea con Matodoso

LugoXa | TerraChaXa
O proxecto consiste en ampliar a vía nunha anchura de 4 metros coa finalidade de aumentar o ancho dos carrís, así como unha zona peonil
estrada-matodoso
25 Apr 2026

O Concello de Castro de Rei solicitou perante a Deputación Provincial de Lugo a cesión dunha franxa de terreo na parcela da Granxa Gaioso Castro en Castro Ribeiras de Lea, paralela á estrada municipal que une esta localidade con Matodoso, coa finalidade de ampliar a vía municipal no ancho suficiente para permitir o correcto tránsito de vehículos e peóns.

Dende o Concello mantiveron unha reunión coa presidenta da Deputación en semanas pasadas na que lle propuxemos a necesidade municipal para ámbalas dúas localidades, así como o feito de que o Concello levaba varios anos intentando unha reunión co anterior presidente do ente provincial, sen ter a posibilidade de conseguilo.

O proxecto que ten o Concello para a estrada que une Castro con Matodoso, que conta con unha lonxitude de 2 quilómetros, consiste en ampliar a mesma nunha anchura de 4 metros coa finalidade de aumentar o ancho dos carrís, así como unha zona peonil en toda a marxe dereita da estrada que facilite o tránsito peonil, logrando con iso unha vía máis accesible, máis segura e facilitando unha mellor comunicación.

Xunto coa solicitude de cesión, o Concello remitiu a planimetría correspondente na que se especifica o ancho solicitado na parcela da Deputación Provincial.

0.11838102340698