O conxunto vocal Lugh e a coral polifónica El Eco actúan en Lugo

LugoXa
Esta fin de semana terá lugar o Encontro Musical de Outono
Presentación-concerto-corais-lugo
10 Out 2024

A Delegación Territorial da Xunta acollerá o próximo sábado 12 de outubro o Encontro Musical de Outono, no que actuarán o conxunto vocal Lugh, de Lugo, e a coral polifónica El Eco, da Coruña. Directivos do coro lucense participaron na presentación do concerto na sede da Xunta xunto co delegado territorial, Javier Arias.

O inicio está previsto para as oito da tarde no salón de actos do edificio. A formación Lugh vén de celebrar este ano o seu 25º aniversario. Durante a súa traxectoria teñen ofrecido máis de 200 concertos na provincia de Lugo e no resto de Galicia, así como en diferentes localidades de España e Portugal.

0.10650300979614