O Corgo acolle un espectáculo de rúa

LugoXa
O vindeiro xoves 12 de agosto, a área recreativa do Corgo acolle Ikigai, un espectáculo de rúa a cargo da compañía SU.MA.
SUMA ikigai
8 Ago 2021

O vindeiro xoves 12 de agosto, a área recreativa do Corgo acolle Ikigai, un espectáculo de rúa a cargo da compañía SU.MA. Trátase dunha actuación de danza-circo 360º de medio formato onde os personaxes crean mundos de fantasía.

Xogos e imaxinación, acrobacias aéreas e voz cantada en direto, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia surxe do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

Así pois, a actución realizarase na área recreativo frente ao colexio do Corgo, ás 12.30 horas. Unha actividade dirixida a todos os públicos que buscará entreter e amenizar a mañá do xoves. Por outra banda, levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes.

0.11936902999878