O escritor brasileiro Efigênio Moura presenta en Burela a súa novela "Burela" este xoves

LugoXa
O autor dará a coñecer a súa nova obra o 26 de novembro, ás 20:00 horas, no centro social Madia Leva, nun acto no que estará acompañado polo profesor e escritor Bernardo Penabade
cartel-libro-Burela
25 Nov 2026

O escritor brasileiro Efigênio Moura presentará este xoves, 26 de novembro, a súa nova novela, "Burela", no centro social Madia Leva, nun encontro previsto para as 20:00 horas. O autor chega a Galicia para dar a coñecer esta obra, publicada por Através Editora e ambientada na localidade mariñá que lle dá título.

O libro constitúe tamén unha homenaxe á vila de Burela e propón unha historia na que se entrelazan a memoria, o amor, a perda e os segredos. A través da narración, Moura establece unha conexión entre dous territorios atlánticos, Galicia e Brasil, e achega ao lector a realidade e a identidade da localidade galega.

O acto contará coa participación de Bernardo Penabade, profesor e escritor, que acompañará o autor durante a presentación organizada polo centro social Madia Leva.

0.1366400718689