O Facela Fest celebra o seu décimo aniversario en Lugo cun cartel cheo de indie e propostas emerxentes

LugoXa
O festival terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 de maio e contará con bandas como Australian Blonde, Axolotes Mexicanos, Pacífica ou Los Palms, entre outras
Facela-Fest-2024
13 Feb 2026

O Facela Fest celebra este ano a súa décima edición consolidado como unha das citas alternativas de referencia na cidade de Lugo. O festival desenvolverase os días 6, 7, 8 e 9 de maio, nunha edición especial coa que a organización conmemora dez anos de traxectoria.

A organización vén de facer públicos os primeiros nomes do cartel do Facela 10. Entre os artistas confirmados atópanse Australian Blonde, referente do indie estatal; Pacífica; Axolotes Mexicanos; Toldos Verdes; Los Palms; Sigilu; Filophóbicas; Error 97 e Ripship. Nos vindeiros días anunciaranse novas incorporacións ao programa.

O festival mantén a súa aposta por combinar bandas consolidadas con propostas emerxentes, ofrecendo ao público unha programación variada dentro da escena independente actual.

⚙ Configurar cookies
0.07016396522522