O GDR-4 continúa as súas xornadas de promoción turística e cultural en Guntín

LugoXa
A maiores do paseo a actividade contará coa proposta dun menú especial con produtos da comarca ofertado por locais da zona
II-ciclo-de-Guido-Guía-na-Comarca-de-Lugo-e-as-Terras-da-Ulloa
15 Out 2024

O vindeiro 9 de novembro, o GDR-4 e 10 concellos do xeodestino Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) continúan -co apoio de Turismo de Galicia- co II ciclo do proxecto de promoción turística e cultural en colaboración co guía e turismólogo lucense Guido Guía. Despois do gran éxito do primeiro ciclo será Guntín o segundo dos lugares onde se retomen estas actividades, sendo o día 26 de outubro a primeira en Friol.

Nesta segunda xornada de balde, o punto de encontro e final do paseo guiado -que terá lugar de 11h a 14h- será o Pavillón Municipal de Guntín. A maiores do paseo a actividade contará coa proposta -opcional, para quen o desexe- dun menú especial con produtos da comarca ofertado por locais da zona. Este proxecto enmárcase nunha estratexia global do Xeodestino e o GDR-4, que xunto a Guido Álvarez programan esta iniciativa que procura poñer en valor as riquezas culturais, históricas, naturais, gastronómicas e artísticas de todos os concellos deste territorio. Os interesados poden realizar a súa inscrición a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

0.19541501998901