O Instituto de Estudos Ulloáns organiza en Monterroso unha mesa redonda sobre a recollida dos refuxiados

LugoXa
Este venres terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso a mesa redonda titulada Acollida aos refuxiados
monterroso-concello
3 Out 2024

Este venres, 4 de outubro, terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso a mesa redonda titulada Acollida aos refuxiados. O evento, que comezará ás 19.00 horas, é organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) e conta co apoio de diversas asociacións deportivas e culturais da vila, que están a mostrar o seu compromiso coas persoas inmigrantes que recentemente se estableceron na localidade.

A mesa redonda contará con intervencións destacadas, entre as que se atopan Mª Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno en Lugo; Catalina Trobal Sbert, coordinadora do dispositivo de Axuda Humanitaria en Monterroso; Francisco Pardo Teijeiro, presidente do IEU; e Braulio Vilariño Varela, coordinador do IEU.

Ao finalizar o acto, realizarase unha quenda de preguntas, na que se convidará a participar a unha representación dos inmigrantes acollidos en Monterroso, permitindo así un intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes. A entrada é libre e aberta a toda a cidadanía, animando a comunidade a unirse a esta importante conversa sobre a acollida e integración dos refuxiados na vila.

 

0.20299983024597