O mal tempo obriga a modificar parte da programación do San Froilán desta tarde

LugoXa
A actuación de Los Satélites trasládase ao 13 de outubro, cancélanse os pasarrúas e mantéñense as actividades a cuberto e os concertos da Horta do Seminario
chuvia-choiva-Lugo
6 Oct 2026

As previsións meteorolóxicas para esta tarde obrigaron a introducir cambios na programación do San Froilán de Lugo. O Concello decidiu modificar parte das actividades previstas para garantir o seu desenvolvemento ante as condicións meteorolóxicas adversas.

A actuación de Los Satélites prevista para esta tarde trasládase ao martes 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza Maior.

Tamén quedan cancelados os pasarrúas programados para esta tarde, que serán reprogramados noutras xornadas das festas.

Pola contra, mantéñense as actividades previstas en espazos cubertos, entre elas o Escenario Zanfona, na Praza de Santa María, e o concerto "Parabéns para nós!", no Patio do Edificio Administrativo do Concello.

Ademais, mantéñense os concertos programados na Praza da Horta do Seminario, con 9LOURO e The Rapants.

0.1205780506134