O minicampamento de verán no Piornedo está a ser un éxito

LugoXa
Cervantes acolleu unha xornada de interacción entre emprendedores da provincia de Lugo organizada pola Rede de polos de emprendemento
20230727 DXXuventudeCervantes
7 Aug 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos mozos e mozas que participan no minicampamento de verán Aventura na Montaña IV, no hotel Piornedo, en Cervantes. Durante o encontro destacou que esta alternativa da campaña de verán da Xunta permite que a mocidade desfrute duns días nunha “contorna natural inmellorable” como é o corazón dos Ancares.

Os minicampamentos ‘Coñece Galicia’ permiten estadías de cinco días en establecementos hoteleiros de toda a comunidade para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos. Neste de Cervantes, os mozos poderán contar con actividades de tirolinas, paddel surf, veladas e sendeirismo en plena montaña lucense. Trátase da segunda quenda deste minicampamento que conta coa participación de 20 rapaces e rapazas en cada unha.

A directora xeral achegouse tamén ao campamento que ten lugar no albergue xuvenil LUG II para mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Esta alternativa da campaña de verán da Xunta ofrece obradoiros de tecnoloxía para aprender a fabricar drons, actividades de realidade virtual e 3D, entre outras.

Campaña ampla e variada

A campaña de verán da Xunta para este ano 2023 é a máis ampla con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo e que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.

0.17046618461609