O muro de Frigsa mantense valado mentres estudan a súa reparación

LugoXa
Os estudos técnicos realizados determinaron que a intervención terá un alcance maior do previsto inicialmente
Muro-Frigsa-valado
1 Sep 2026

O muro de Frigsa permanece valado desde hai meses como medida preventiva, mentres o Concello de Lugo continúa cos traballos técnicos destinados a determinar a actuación necesaria para garantir a súa reparación.

Desde a chegada do actual equipo de goberno, o Concello impulsou un estudo xeotécnico para coñecer o estado do núcleo do muro e avaliar con maior precisión a dimensión dos danos detectados.

A información obtida nesta primeira análise fixo necesario realizar posteriormente unha cata, coa finalidade de completar os datos técnicos e profundar no coñecemento do estado da estrutura.

Os traballos realizados permitiron comprobar que a intervención necesaria será de maior alcance do que se estimaba inicialmente. Por este motivo, os técnicos municipais están agora a analizar conxuntamente os resultados do estudo xeotécnico e da cata.

O obxectivo é determinar cal é a solución máis axeitada para actuar sobre o muro e, unha vez definida, poder executar a reparación definitiva. Mentres se completa este proceso, o valado mantense como medida preventiva para garantir a seguridade na zona.

0.14302611351013