O Museo de Lugo acolle unha mostra do traballo de Quique Guerra

LugoXa | AMariñaXa
A obra do artista mariñan, Quique Guerra, será o protagonista da nova mostra do Museo de Lugo que se poderá ver ata o 29 de xuño.
Quique Mostra
21 May 2022

Unha escolma da obra escultórica e pictórica do artista mariñao Quique Guerra, poderá verse dende hoxe no Museo de Lugo. A exposición titulada co nome do artista inaugurouse na tardiña de onte e manterase ata o vindeiro 29 de xuño.

A mostra está composta de 25 pezas seleccionadas por Tá en Artes e pola propia directora do Museo, Aurelia Balseiro. Unha mostra homenaxe programada ao abeiro das actividades organizadas polo colectivo mariñao arredor da Semana das Artes Plásticas da Mariña, que este ano dedicaron ao escultor e pintor falecido en 2016.

A familia do artista e membros de Tá en Artes participaron na inauguración da mostra, que repasa a traxectoria artística de Quique Guerra. Así, inclúe trece esculturas que amosan a súa preferencia polo traballo con materiais naturais, como madeira, pedras ou óso de balea, e doce óleos que reflicten a influencia na súa obra de referentes clásicos coma Seoane ou Laxeiro.

Ao redor de Quique Guerra

A inauguración da mostra no Museo Provincial de Lugo culmina un programa de actividades impulsado por Tá en Artes, que comezou o pasado mes de abril e que incluíu unha exposición no Complexo Sargadelos de Cervo e unha mostra colectiva no Cenima de Foz, na que se amosou a obra de Quique Guerra en diálogo co doutros artistas da Mariña.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiou visitas de colexios e institutos da Mariña a esta última mostra, colaborando así na promoción e coñecemento da obra de Quique Guerra no ámbito educativo.

0.18413019180298