O Museo de Lugo recupera a obra de María Xesús Pérez Carballo

LugoXa
O Museo de Lugo inaugurou a exposición Un mundo, dous mundos da pintora lucense María Xesús Pérez Carballo
Un mundo dous mundos
5 Out 2021

O Museo de Lugo inaugurou a exposición Un mundo, dous mundos da pintora lucense María Xesús Pérez Carballo, que poderá verse ata o vindeiro 11 de novembro.

Trátase dunha mostra retrospectiva na que conviven o lirismo e a denuncia social como  sinalou a propia autora na súa intervención, con referencias emocionadas á infancia  e ás amizades que conserva desa etapa vital, presente na plástica mais tamén no texto poético que abre a exposición. 

O percorrido pola Sala de Exposicións iniciase con cadros de paisaxes e imaxes da natureza nos que a pintora verte o seu mundo máis íntimo e remata en obras realizadas cunha vontade de crítica nas que usa o collage para introducir imaxes captadas por reporteiros gráficos en contextos de guerra e sufrimento e interpretalas con pinceladas propias . 

A mostra recupera, pois, a obra da autora para o público lucense despois de dezaoito anos e resignifica o lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar” baixo o que o Museo de Lugo ven desenvolvendo a súa actividade neste 2021.

0.18802404403687