O Museo de Lugo rende homenaxe a Nicandro Ares no centenario do seu nacemento



LugoXa
Na mesa redonda, presentada pola deputada de Cultura Iria Castro e organizada baixo o epígrafe “Nomes de Lugo”, debulláronse as súas achegas en relación co monumento e o contorno de Santalla de Bóveda
homenaxe-nicandro-ares
6 Jun 2026

O Museo Provincial de Lugo rendeu homenaxe esta tarde ao investigador lucense Nicandro Ares (Santalla de Bóveda, 1926-Lugo, 2017), membro da Xunta Reitora que marcou a dirección do Museo nas súas primeiras décadas de historia.

Con motivo do centenario do seu nacemento – que se conmemora o 7 de xuño-, o Museo Provincial reuniu nunha xornada divulgativa a tres estudosos da súa obra: o arqueólogo Enrique Montenegro Rúa, o lingüista Antón Santamarina Fernández e o historiador Felipe Arias Vilas, que destacaron as contribucións máis destacadas da súa traxectoria nos ámbitos da filoloxía, a epigrafía e a arqueoloxía e a historia lucense.

Na mesa redonda, presentada pola deputada de Cultura Iria Castro e organizada baixo o epígrafe “Nomes de Lugo”, debulláronse as súas achegas en relación co monumento e o contorno de Santalla de Bóveda, que determinaron a interpretación do conxunto monumental, os seus estudos toponímicos nos que recolleu máis de 5.000 topónimos da provincia e as súas pioneiras investigacións epigráficas, fundamentais na configuración da colección de epigrafías do Museo Provincial de Lugo.

0.12384796142578