O Museo do Castro de Viladonga acollerá unha charla sobre a landra e a súa importancia cultural

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente por teléfono, chamando ao 982 870 160
charla-castro-de-viladonga
28 Oct 2026

O Museo do Castro de Viladonga celebrará o vindeiro 31 de outubro, ás 11.30 horas, a charla participativa e divulgativa «O pan que non obedece: a landra arredor da mesa», impartida polo arqueólogo Andrés Teira Brión.

A actividade permitirá achegarse á relación da landra coa alimentación e coas prácticas culturais arredor da mesa, a través dunha proposta divulgativa que busca dar a coñecer o seu papel ao longo do tempo.

A charla terá lugar nas instalacións do Museo do Castro de Viladonga, nunha iniciativa promovida no marco da programación cultural da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e vinculada ao Xacobeo 2027.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente por teléfono, chamando ao 982 870 160.

0.16912484169006