O Museo Provincial acolle un diálogo sobre Rosalía de Castro

LugoXa
O Museo Provincial de Lugo acolle un diálogo sobre Rosalia de Castro o vindeiro martes 22 de febreiro ás 19.00
Museo provincial rosalia de castro portada
Museo provincial rosalia de castro portada
16 Feb 2023

O vindeiro mércores 22 de febreiro o Museo Provincial de Lugo celebra o Día de Rosalia cun acto ás 19.00. Diálogo de Saberes arredor de Rosalia de Castro contará coa participación de Marica Campo, Luz Darriba e Helena Villar Janeiro.

A benvida e presentación será a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo e a moderadora será Encarna Lago González.

Esta actividade forma parte do programa Encontros no Rural. Diálogo de Saberes, e inclúese no I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo que desenvolve unha ampla programación con propostas variadas ao longo do ano 2023 para e con todo tipo de comunidades.

A entrada a esta actividade é libre até completar aforo e para realizar a inscrición previa será necesario enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: concertacionsrmp@mail.com

Museo Provincial Rosalia de Castro
0.16913890838623