O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición 'Trazando solidaridade'

LugoXa
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición 'Trazando solidaridade' que se inaugurará mañá venres ás 12.00
trazando solidaridade exposicion portada
trazando solidaridade exposicion portada
1 dic 2022

O venres 2 de decembro ás 12.00 terá lugar no Museo Provincial de Lugo a inauguración do proxecto expositivo centrado nos 15 anos de historia da Rede Lucense do Voluntariado que estará dispoñible para visitar ata o 31 de xaneiro.

Esta mostra ocupa tres espazos expositivos dentro do Museo Provincial de Lugo que son o Refectorio, a Sala Multiusos e o corredor lindeiro coa Sala  de Exposicións.

No Refectorio proxéctanse os textos que contan a historias dos colectivos e asociacións que forman parte da Rede Lucense do Voluntariado.

A Sala Multiusos acolerrá un lenzo en branco aberto a participación continuada do público e no corredor poderán responder á pregunta: Que é para ti o voluntariado?

Participan 15 colectivos e asociacións que compoñen a Rede Lucense do Voluntariado xunto coa Rede Museística Provincial.

Promoven esta actividade a vicepresidencia e área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto coa Rede Museística Provincial  e a Rede Lucense do Voluntariado.

trazando solidaridade exposicion