O Museo Provincial de Lugo acolle “Sempre vivas”, unha instalación escénica sobre memoria e violencias contra as mulleres

O Museo Provincial de Lugo acollerá o vindeiro 21 de maio a instalación escénica musealizada “Sempre vivas”, unha proposta artística impulsada por Colectiva Crea no marco da celebración do Día Internacional dos Museos 2026.
O evento, que modifica o seu horario inicial, desenvolverase finalmente ás 19:00 horas con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do recinto.
A iniciativa combinará intervencións escénicas, poesía, performance e artes visuais nun diálogo co espazo museístico arredor da memoria, o corpo e as distintas violencias que atravesan as mulleres.
A actividade está organizada e financiada pola Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo, e conta tamén co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, mediante a Facultade de Humanidades e o Máster en Servizos Culturais.